PUBLICIDADE POLÍTICA
Despois de todas estas campañas institucionais que comentei, dedicarei este espacio para falar da publicidade política.

¿Canto credes quegasta o goberno en publicidade? Pois neste ano invertirá nin máis nin menos que 268 millóns de euros nun total de 176 campañas. Pouco a pouco o Estado estase a dar conta da importancia da comunicación ata convertirseno gran anunciante do país, despois incluso de Telefónica, Procter & Gamble e El Corte Inglés (175 millóns; 102,8 millóns e 94,4 millóns respectivamente).
Algúns critican isto porque opinan que é unha cantidade excesiva, e que gasta o diñeiro de todos sin dar a cambio unha transparencia total. Pero o certo é que son campañas destinadas á promoción de hábitos saludables, coidado do medio ambiente, seguridade vial, promoción turística... e nunca ven mal unha información e educación adicional deste tipo.
